Denunciar e combater a explotación laboral na ‘raia’

Unha campaña da CIG denuncia as “condicións laborais de sobreexplotación” de traballadores e traballadoras transfronteirizas en Galiza e Portugal.

traballo obreiro traballadores emprego

Centos de traballadoras e traballadores transfronteirizos en Galiza e Portugal sofren “condicións laborais de sobreexplotación” denuncia a CIG, que impulsa una campaña de denuncia sobre este realidade. Unha situación que se dá nomeadamente en sectores como a construción, a automoción ou o naval, “aínda que tamén nos servizos e na industria textil”. “A fronteira aprovéitase para aumentar a sobreexplotación, por iso é máis necesario ca nunca a defensa da clase traballadora de ambas as dúas beiras”, indica a central.

O sindicato nacionalista denuncia que as empresas aproveitan a falta de regulación en materia laboral “propiciada pola UE e a inacción da Xunta e da Inspección de Traballo (IT) para nutrirse de man de obra precaria”. CIG conmvocou manifestacións para esta cuarta feira 4 de xullo en Vigo (e Ourense.

Esta campaña ten lugar no contexto do recente protocolo de colaboración subscrito entre a CIG e o principal sindicato portugués, a CGTP-IN,.

As prácticas que utilizan as empresas para maximizar os seus beneficios, explica a CIG, fomenta o dumping social. Isto é posíbel porque os organismos fiscalizadores non cumpren co seu labor. “A Inspección de Traballo e a Xunta, por exemplo, é sabedora desta situación pero non actúa”.

Comentarios