Denuncian represalias contra persoal de auxiliares por participar nas mobilizacións do naval de Ferrol

EuropaPress_2676603_El_presidente_del_comité_de_empresa_de_Navantia_Ferrol_Javier_Galán_se_dirige_a_los_trabajadores_en_la_puerta_del_astillero_de_Navantia_en_Ferrol_
photo_camera O presidente do comité de empresa diríxese a traballadores na porta do estaleiro de Navantia (Europa Press)

O comité de empresa de Navantia Ferrol denunciou represalias por parte de compañías auxiliares, que pretendían "castigar" os seus traballadores por participar na última manifestación en defensa do sector e en demanda de carga de traballo que se celebrou na cidade departamental.

"Non imos permitir nin a consentir que ningunha compañía auxiliar poida tomar represalias contra os seus traballadores por participar nas protestas demandado carga de traballo", advertiu o presidente do comité, Javier Galán (CC.OO.), quen acusou directamente a Maessa de protagonizar ese castigo aos traballadores por secundar as manifestacións.

Operarios da empresa e de auxiliares concentráronse entre as 10,30 e as 11,30 horas desta quinta feira ante a porta principal do estaleiro ferrolán, como parte do calendario de mobilizacións aprobado en asemblea. de acordo entre a empresa e os delegados".

Galán insistiu nas súas advertencias pola falta de carga de traballo para despois do verán, "durante o que resta de ano e de 2021", e lembrou que teñen solicitadas entrevistas cos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados e tentarán concertar un encontro co propio Goberno.

Comentarios