sábado 31/10/20

Denuncian a mala situación do persoal das motobombas

Extensas xornadas de traballo e falta de medidas de seguridade contraa Covid-19 son as principais reivindicacións de Bombeiras e bombeiros forestais dos concellos da Galiza (Bomfocoga)
Camión motobomba da Xunta (Nós Diario)
Camión motobomba da Xunta (Nós Diario)

Bombeiras e bombeiros forestais dos concellos da Galiza (Bomfocoga) denuncian a situación que viven as traballadoras e os traballadores de motobombas nos 19 distritos forestais en que está dividido o territorio. Desde este sindicato explican que neles as condicións para este persoal varían non só a nivel económico, tamén en condicións de traballo. Segundo explican, os horarios das condutoras e dos condutores son "exaxeradamente altos e fóra de todo convenio laboral" que van de 180 horas cada quince días ou 240 horas por mes.

"A modo de comparación, o persoal do servizo público traballa 37,5 horas á semana, dá igual brigadistas ou motobombistas, polo que serían 150 ao mes", relata a Nós Diario Ibán Álvarez desde Bemfocoga.

Sen resposta da Xunta

Desde o sindicato denunciaron estas circunstancias en múltiples ocasións e non tiveron resposta por parte da Xunta da Galiza. Ademais, "houbo moitas menos contratacións que outros anos" cando a situación segue a ser a mesma. En relación aos protocolos de seguridade pola pandemia da Covid-19, sinalan que xa houbo dúas brigadas contaxiadas este verán polo sistema de traballo que teñen moitos beneficios. 

"Mandámoslles unha carta neste sentido á Federación Galega de Municipios (Fegamp) e aínda estamos agardando pola contestación". Constataron que houbo reparto de máscaras e hidroxel mais "en brigadas de cinco persoas nun Land Rober non ten moito percorrido".

Alén diso reivindican que a Xunta e Fegamp amplíen o tempo de traballo a 6 meses "se pode ser para a campaña 2021 mellor que para 2022".

comentarios