Denuncian caos e desinformación nos centros coruñeses que dependen de Política Social

Aseguran que o persoal non está informado das medidas que adopta a Consellaría e o Consorcio de Igualdade e Benestar nesa cidade.

consorcio galego de igualdade e benestar
photo_camera consorcio galego de igualdade e benestar

A CUT vén de rexistrar unha solicitude de xuntanza coa Xefa Territorial da Consellaría de Politica Social na Coruña co obxecto de recibir información sobre as medidas estabelecidas pola Administración nos centros coruñeses da súa competencia para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo coronavirus COVID- 19.

Este sindicato asegura nun comunicado que “é inaceptábel a ausencia de información clara ao persoal que xestionan directamente a Consellaria e tamén ao xestionado polo Consorcio de Igualdade e Benestar”.

Sinalan que aínda é “máis grave que ante unha crise epidemiolóxica destas dimensións non se teñan transladado comunicados por parte do Comité de Seguridade e Saúde Laboral”, órgano que ostenta as competencias en protección da saúde do persoal.

Explican que o artigo 14.2 da Lei de Prevención de Riscos Laborais estabelece que “a empresa ten obriga de garantir a saúde ás traballadoras e traballadores e tomar medidas ante un risco grave e inminente”.

Este sindicato solicitou tamén una xuntanza urxente do Comité de Empresa a través de medios telemáticos para analizar a situación, comprobar que se estén a adoptar as medidas axeitadas a remitirlle información ao conxunto do persoal destes centros

Comentarios