A crise de Alcoa chegará ao Parlamento e ao Congreso

BNG e PSOE presentarán iniciativas para defender os postos de traballo da factoría coruñesa. AGE acusa a Feijóo de “non exercer as súas funcións”.     

photo_camera Manifestación de Alcoa.

Distintas iniciativas levarán ao Parlamento de Galiza e ao Congreso de Madrid o problema de Alcoa, que pechará en breve a súa factoría na Coruña. Así, desde o PSOE piden que os gobernos se impliquen “nunha solución” e solicitan a “comparecencia urxente do ministro José Manuel Soria”. 

Pola súa parte, o BNG rexistrou unha pregunta na Cámara galega na que pide a posición da Xunta e que medidas pensa tomar “para manter os postos de traballo”. Tamén no Congreso de Madrid elevará unha iniciativa a formación nacionalista, que reivindica “unha tarifa propia para Galiza, que é un territorio produtor de enerxía”. 

Pola súa parte, desde AGE afirman que “Feijóo non exerce as súas funcións” ao non defender ao persoal de Alcoa -unhas 400 persoas están a piques de perder o seu posto de traballo- cuxo posíbel peche definen como “dramático”.

Comentarios