Transportistas prevén protestas e volverán pecharse: “Quietos non imos quedar”

Os camioneiros saen rumbo a Madrid para asistir á protesta en defensa da central térmica de Endesa, nas Pontes.

EuropaPress_2427623_Preview_Camioneros_salen_rumbo_a_Madrid_para_asistir_a_la_protesta_en_defensa_de_la_central_térmica_de_Endesa_en_As_Pontes
photo_camera Camioneiros saen rumbo a Madrid para asistir á protesta en defensa da central térmica de Endesa nas Pontes (Imaxe: Europa Pres).

Son os transportistas afectados polo peche da central térmica das Pontes os que volverán a pecharse a partir do sete de xaneiro no concello, ao tempo que prevén levar a cabo máis protestas.

“Quietos non imos quedar”, avisa Manuel Bouza, un dos camioneiros que fai parte do colectivo de transportistas, en declaracións a Europa Press este sábado. “A cousa non vai quedar así”, afirma sobre o peche da planta de Endesa, se ben apunta que se preparan máis mobilizacións que fagan “o menor dano posíbel á cidadanía”. Así mesmo, Bouza confía en que as probas para o uso de biomasa como alternativa ao carbón dean resultados. Ao respecto, el considera que a Xunta “ten que apostar forte polos lodos”, xa que “non hai onde botalos” e existe unha problemática con eles en Galiza.

Bouza considera que a Xunta “ten que apostar forte polos lodos”, xa que “non hai onde botalos” e existe unha problemática con eles en Galiza.

“Se os lodos se comportan e son rendíbeis, hai esperanzas de que se poida activar un grupo, dous ou catro (da central)”, afirma Manuel Bouza.

De feito, Endesa resérvase o dereito de desistencia desta petición de peche, no seu conxunto ou parcialmente, no suposto de que, como consecuencia das probas adicionais de combustión con distintas mesturas de combustíbel, que se realizarán nos próximos meses, puideran variar os resultados e garantir a viabilidade da planta.

Comentarios