Convocada folga de 24 horas en Dia na Galiza

Convocada pola CIG-Servizos para o 6 de marzo após o apoio aos paros desta quinta feira contra o plan de despedimentos presentado pola dirección.

dia manifestación

Greve de 24 horas no grupo DIA Twins na Galiza o 6 de marzo. Convocada ola CIG-Servizos após o apoio aos paros que impulsou esta quinta feira contra a pretensión da dirección de despedir 2.100 traballadoras e traballadoras en todo o Estado -non se sabe aínda cifra de afectadas en Galiza-.


A CIG salienta o seguimento dos paros de dúas horas convocadas. “A medida de presión, que se desenvolveu de 13:00 a 15:00 horas e incluíu concentracións ás portas dos establecementos, foi secundada por 90% do persoal do almacén de Santiago e provocou o peche de tendas en Vigo e Pontevedra, mentres que no resto do país tivo un seguimento desigual”.

A central nacionalista  denuncia a súa “exclusión da mesa de negociación do ERE extintivo a nivel estatal”, cuxo impacto en Galiza aínda non se coñece. A central ten representación na Coruña, en Pontevedra e no almacén de Compostela, cun total de 9 delegadas mais como sindicato máis representativo do país solicitou poder participar na mesa, “negándonos ese dereito por non ter unha maior representación”. No Estado hai un total de 641 delegadas, están representadas todas as provincias.


 

Comentarios