Contraproposta dos traballadores para desbloquear a venda de Alcoa

O comité de San Cibrao e Alcoa reúnense a próxima semana, cunha "contraproposta" dos traballadores na buscadunha "saída" antes de que o Tribunal Supremo resolva sobre o recurso do ERE.
Protesta do cadro de persoal de Alcoa o pasado mes de novembro en Lugo, na que pedía a intervención da planta de San Cibrao (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Protesta do cadro de persoal de Alcoa o pasado mes de novembro en Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confirmou que contan cunha "contraproposta" para desbloquear a venda da factoría, mentres esperan a que Goberno e Xunta realicen as súas propias co obxectivo de polas en común.

"Esperamos unha reunión, pero nesa reunión non vai estar Alcoa", sinalou Zan, para descartar un posíbel enontro coa empresa. Así, ratificou que está "sen pór data" á reunión co Ministerio de Industria e a Xunta para elaborar un documento conxunto.

Sobre as súas propias acehgas, avanzou que a "contraproposta" que elaboraron nas últimas semanas, xa a trasladaron ao Goberno do Estado mais á Xunta da Galiza "hai tres ou catro días".

Nisto, dixo Zan, é no que quedaran "as partes" implicadas. "En preparar unha contrapropuesta coa que estivésemos todos de acordo". Respecto da mesma, asegurou que o obxectivo é "solucionar o estancamento desta venda" e poder continuar coas negociacións.

Decisión do Supremo

O presidente do comité de empresa insistiu en que non ser "que sexan os xuíces os que teñan que dicir algo sobre o noso problema mentres nós non chegamos a acordos". O Tribunal Supremo convocou os maxistrados da sala do social o 20 de outubro para debater sobre o recurso que interpuxo Alcoa contra a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) na fábrica.

"Non queremos ter esa data como unha espada de Damocles. O ideal sería fechar o acordo antes dese día", insistiu, a respecto do recurso presentado por Alcoa despois de que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) decretase nulo o ERE para máis de 500 traballadores ao apreciar "mala fe" por parte da empresa nas negociacións.

Ao fío diso, recalcou que "se Alcoa vende a empresa antes do 20 de outubro non fará falta que retire o recurso". "Temos que ter unha saída antes, un acordo para que ese 20 de outubro non sexa a data que impida chegar a ningún lado", advertiu.

Tamén incidiu en que "o importante é chegar a un acordo e non seguir deixando en mans dos xuíces a problemática da fábrica". "Este é un problema político e un problema industrial de país", sentenciou.

Comentarios