Concentración diante da central térmica das Pontes pola falta de información sobre o seu futuro

Critican as maneiras que ten a empresa e solicitan que se constitúa de novo a mesa de traballo no Ministerio.

IMG-20191128-WA0007
photo_camera Concentración diante da central das Pontes (Concello das Pontes)

Traballadoras e traballadores de Endesa nas Pontes, xunto á veciñanza da localidade, concentráronse ás portas da central térmica para protestar polo que cualifican de “situación de falta de información” que padecen estes días. Alberte Amado, desde o comité de empresa, explica a Sermos Galiza que comezaron a acción ás 7 horas da mañá desta quinta feira e teñen previsto rematar cara as 18 horas “para asistir á manifestación de Ferrol”.

A marcha que se realizou o pasado 16 de outubro cara Madrid e a posterior manifestación diante do Congreso polo de agora non tivo ningún resultado, segundo explican desde o comité. “A información que nos chega é toda a través dos medios de comunicación e non houbo ningún contacto coas forzas sindicais por parte do Ministerio”.

Desde o comité de empresa afirman que as poucas novas que lles chegan confirman que “é urxente que se se constitúa de novo unha mesa de traballo no Ministerio para facer un proceso dunha maneira regulada e ordenada, falando das probas e de minimizar o impacto medioambiental”.

Comentarios