O comité de Unisono en Vigo pide cesar a actividade após 1 positivo por coronavirus e a empresa ameaza con sancións

Após as críticas, a empresa aceptou na tarde desta cuarta feira implantar o teletraballo para todo o persoal

manifestación diante de Unísono en Vigo (Arquivo).
photo_camera Imaxe de arquivo dunha protesta laboral en Unisono

Finalmente Unisono aceptou estender o teletraballo a todo o seu persoal. Fíxoo despois das críticas e tensión destes días. O comité de empresa da compañía Unisono en Vigo, onde a teleoperadora ten 3 centros, propuxo o cesamento da actividade nos mesmos após rexistrarse un positivo por coronavirus e de denunciar nestes días que non se cumprían as medidas preventivas dispostos.

O comité apela ao artigo 21 da lei de prevención de riscos laborais que fai referencia a situacións de perigo para a saúde de traballadores e traballadoras. Por iso o comité acordou por unanimidade convocar un paro no mínimo de 24 horas á espera de que tome cartas a autoridade laboral, pois esta situación foi posta en coñecemento de Inspección de Traballo.

Nestes días a denuncia dos sindicatos de que en Unisono Vigo non se daban as condicións mínimas de seguridade sanitaria requeridas para previr o coronavirus foron collendo forza.

Segundo as centrais, a resposta patronal foi “ameazar” o persoal de que aquelas teleoperadoras que abandonasen o posto de traballo serían sancionadas. A situación xerou ataques de ansiedade a traballadores.

Comentarios