O comité de greve féchase na Dirección Xeral de Xustiza

Afirma que manterán a protesta até que a Xunta acepte reanudar as negociacións coa presenza da mediadora do Consello galego de relacións laborais.

XUSTIZA COMITE GREVE

Continúa o conflito entre traballadores de Xustiza e a Xunta. O comité de greve vén de fecharse na Dirección Xeral de Xustiza, nunha acción que din que van manter até que a Xunta acepta reanudar as negociacións coa presenza da presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez, como mediadora.

Fontes do comité consultadas por Europa Press subliñaron que a Xunta non só non cambiou a súa posición senón que "empeora a súa proposta", xa que aprazaron un ano o incremento salarial.

Cómpre lembrar que esta segunda feira, a Dirección Xeral de Xustiza emitía unha instrución revogando os días de asuntos propios e vacacións xa concedidas para o mes de febreiro, ao tempo que informaba de que non se concederá ningún permiso durante ese mes. A decisión da Consellaría prodúcese tras a xornada de greve da semana pasada, secundada por máis de 90% do persoal da administración de xustiza, e diante da perspectiva dunha folga indefinida a partir do día 7.

Comentarios