O comité europeo de Alcoa prepara unha demanda contra o feche das dúas plantas

Dá de prazo até a segunda feira á multinacional para retirar o ERE.

alcoa

O comité de empresa europeo está disposto a levar á multinacional perante a xustiza polo fechamento das plantas da Coruña e Avilés. O organismo que representa os traballadores e traballadoras dos diferentes centros de Alcoa en Europa dá de prazo á dirección até a segunda feira para que retire o ERE extintivo, que afecta por volta de 700 operarios e operarias.

O argumento ofrecido polo comité é que para levar adiante os fechamentos os estatutos establecen que é prescriptivo un informe do propio comité e este documento non está. E non poderá estar dentro dos prazos marcados pola empresa, que quer iniciar a negociación dos despedimentos colectivos o 31 de outubro.

O comité de empresa pedirá aos tribunais de Holanda [competentes neste caso ao ter aí a sede o comité] quer paralice o proceso.

Esta segunda feira, 29 de outubro, o persoal da planta da Coruña convoca unha ‘marcha obreira’. Será ás 17:30 horas e rematará perante Delegación da Coruña.

Comentarios