O comité de empresa das Pontes “desconfía” das promesas de Endesa

O seu presidente afirma que a comarca non está preparada “para grandes plantas fotovoltaicas".

[Imaxe: Cedida] Manifestación en defensa da central térmica das Pontes diante do Congreso en Madrid
photo_camera [Imaxe: Cedida] Manifestación en defensa da central térmica das Pontes diante do Congreso en Madrid

O presidente do comité de empresa da central térmica das Pontes, Luis Varela, exixe a Endesa unha "transición como Deus manda" para manter o emprego na comarca após a nova do peche da planta que solicitou esta sexta feira a empresa.

"Aínda pensando que podía pasar, nunca agardas que se anuncie así, aínda sen a reunión co Ministerio e con probas pendentes de facer", asegura a Europa Press.

En relación co compromiso de Endesa para manter o emprego do persoal da empresa, Varela explica que os peches de Endesa anunciados esta sexta feira contan cos "mesmos acordos que houbo para Ponferrada, Aragón e Andorra", nos que "garanten a recolocación do cadro de persoal propio", mais "nada da auxiliar", máis alá de que traballen "nas novas enerxías" e o desmantelamento".

Varela desconfía dos compromisos co emprego na comarca. “Ao final rematan daquela maneira". O sindicalista cre que na comarca do Eume "non estamos en posición para ter grandes plantas de termosolares o fotovoltaicas", asegura.

Comentarios