sábado 16/10/21

O comité de Alu Ibérica denuncia a paralización da produción por "falta de aluminio"

Tamén informa que Inspección de Traballo enviou un informe "cunha nova acta sancionadora á empresa onde se pon de manifesto os continuos atrasos no pagamento de salarios e outros complementos salariais".
Imaxe da protesta desta quinta feira á porta da factoría. (Foto: Comité de empresa de Alu Ibérica)
Imaxe de arquivo dunha protesta á porta da factoría. (Foto: Comité de empresa de Alu Ibérica)

O comité de empresa de  Alu Ibérica na Coruña denunciou a paralización da produción na fábrica "por falta de aluminio para reciclar".

Respecto diso, sinala que  estivo parada "desde que a  UDEF -a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal- entrou na fábrica a pasada quinta feira", sinala sobre un operativo levado a cabo en distintos puntos do Estado.

Ademais, engade que esta cuarta feira pola tarde "púxose en temperatura algún forno para fundir aluminio", pero que "esta madrugada de novo parouse a produción".

"Esta situación é insostíbel", sinala o comité, que cualifica de "urxente" a adopción das medidas cautelares que solicitaron na Audiencia Nacional o pasado 5 de marzo após o rexistro das empresas.

Acta

Por outra banda, indica que Inspección de Traballo enviou un informe "cunha nova acta sancionadora á empresa onde se pon de manifesto os continuos atrasos no pagamento de salarios e outros complementos salariais".

 "Incidindo na gravidade en que esa situación faise  discriminatoriamente coa representación sindical e legal dos traballadores".

Desta acta, afirma que "constata a vulneración doutros dereitos sociais aos que teñen dereito os traballadores e que están recollidos no convenio colectivo".

comentarios