O comité de Alcoa teme que Goberno español e Xunta "non cumpran"

Traballadores da planta de San Cibrao escenifican en Burela a cola que se produciría ante as oficinas de emprego se a empresa fai efectivo o ERE.

EuropaPress_3388908_trabajadores_alcoa_marcha_casa_do_concello_burela_oficina_inem_localidad (1)
photo_camera Mobilización desta quinta feira en Burela (Foto: Carlos Castro)

O comité de empresa de Alcoa teme que o Goberno español e a Xunta "non cumpran" coa intervención da fábrica de San Cibrao e "deixen tirados" a máis dun milleiro de persoas que desempeñan o seu traballo na factoría e auxiliares.

Entre berros de 'A Mariña sálvase loitando!' e 'Se non hai solución, Goberno dimisión!', empregados da factoría escenificaron hoxe en Burela a cola que se produciría ante as oficinas de emprego se a compañía fai efectivo o expediente de regulación de emprego (ERE) que pretende executar para 524 traballadores da planta de aluminio.

"As consecuencias serían dramáticas, volveriamos ao ano 1970 e aquí non habería forma de buscarse a vida"

En calquera caso, segundo os representantes dos traballadores, de materializarse o ERE, o despedimento acabaríase estendendo ao cadro da alúmina, de aí os máis de 1.000 postos de traballo directos que aseguran que están en xogo.

"As consecuencias serían dramáticas, volveriamos ao ano 1970 e aquí non habería forma de buscarse a vida. Teriamos que emigrar todos e tal e como está a Covid agora mesmo, onde imos ir?", preguntouse, en declaracións aos xornalistas, o presidente do comité, José Antonio Zan.

Así as cousas, lembrou os mandatos do Congreso dos Deputados e do Parlamento galego, que "din que (os gobernantes) teñen que intervir". "Unha intervención temporal por parte da SEPI para despois vendernos a outra empresa que está aí cun plan de 1.000 millóns para reflotar a economía da Mariña".

Para iso, subliñou, "fai falta a decisión política, sen ela ao final non se vai a chegar a ningún lado". "Aquí non se pode esperar a que un xulgado diga cal vai ser o futuro deste país no aluminio", avisou, a menos dunha semana da vista para resolver sobre as medidas cautelareas que o comité presentou contra o ERE.

Comentarios