O comité de Alcoa acepta a proposta da Xunta

Esta quinta feira 13 de agosto manterá unha reunión coa multinacional para saber se tamén conta coa súa aceptación.
Protesta de persoal de Alcoa diante da Xunta (Europa Press)
photo_camera Protesta de persoal de Alcoa diante da Xunta (Europa Press)

O comité de empresa de Alcoa informou de que se reunirá hoxe quinta feira coa empresa e de que nese encontro aceptará o proposta "froito da mediación" presentada onte conxuntamente por Goberno español e Xunta e que pasa por ampliar o período de consultas do expediente de regulación de emprego (ERE) até o 28 de setembro para que se negocie a venda a  Liberty House.

A CIG valorou positivamente esta decisión e sinala que é necesario manter as mobilizacións, aínda que se desconvoque a folga, porque "quedou confirmado que foron a unidade de acción, a mobilización e a defensa firme do futuro industrial" as que fixeron posíbel chegar á fase actual.

Comentarios