O comité de Albada pide o rescate da concesión para evitar recortes

Urbaser dá vén de presentar un Expediente de regulación de Temporal de Emprego e unha modificación das condicións laborais.

Rolda de prensa Albada (CIG)
photo_camera Rolda de prensa Albada (CIG)

Albada, a filial de Urbaser que xestiona a planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián na Coruña, está en pé de guerra.  O anuncio dun Expediente de regulación de Temporal de Emprego (ERTE) para 39 empregadas e  empregados e unha modificacións substancial das condicións de traballo para outras 35 persoas non afectadas pola regulación fixo que o comité de empresa denunciara chantaxes e un ataque directo aos dereitos laborais.  

O calendario de mobilizacións comezará o 22 de novembro cunha concentración ás 11 horas na praza de María Pita e que terá continuidade os días 29 e 5 de decembro. De non ter solucións, as traballadoras e traballadores anunciaron que comezarían unha folga indefinida a partir do 8 de decembro.

Hadrián Canosa, delegado da CIG no comité, asegura que este anuncio supón un ataque «non só ao emprego e aos dereitos laborais, senón que compromete a viabilidade futura da planta e do modelo Nostián». O comité de empresa reclama do Concello da Coruña que se poña á fronte deste conflito e proceda ao rescate inmediato e transitorio da concesión para evitar que o 1 de xaneiro Albada execute o seu programa.

Comentarios