Comerciantes e hostelaría apoian a tractorada de Lugo, a patronal non

A Confederación de Empresarios, a Federación Comercio e a Asociación provincial de Hostelaría pedirán @s soci@s que fechen durante a mobilización. 

19728161454_b85129bd32_z
photo_camera [Imaxe GzFoto]

Esta quinta feira (3 de setembro) a cidade amurallada será tomada pol@s gandeir@s cunha nova tractorada que visan paralice Lugo durante 5 horas.

Neste senso, as organizacións convocantes demandaron o seu apoio ao comercio e hostelaría locais á fin de que fechen os seus estabelecementos durante o percorrido da mobilización. 

A Confederación de Empresarios, a Federación de Comercio e a Asociación de Hostelaría amosaron o seu apoio e solicitarán @s asociad@s que encerren entre as 12h e as 14h. Aliás, adheríronse ao manifesto que se lerá ao remate da mobilización. Porén, a patronal non quixo dar o seu apoio. 

O percorrido da tractorada comezará nas inmediacións do Estadio do CD Lugo, o Anxo Carro, onde comezarán a concentrarse os vehículos por volta das 11.30h. De aí, partirán pola avenida das Américas cara á Avenida da Coruña e de aí á Ronda da Muralla onde ficarán durante 5 horas deixando unicamente un carril libre para posíbeis urxencias. Ao seu paso perante o Edificio Multiusos da Xunta sumarase aos vehículos agrícolas unha manifestación convocada para as 13h que levará o protesto ao centro da cidade.

Comentarios