luns 29/11/21

"É unha proposta indecente". Así de taxativo se amosa Manuel Domínguez, secretario da sección sindical da CIG-Citroën. "Un asalto aos salarios dos traballadores após o esforzo e sacrificio de todos estes anos", acrecenta. 

As centrais sindicais opóñense ao plan de axuste presentado pola dirección da factoría de Balaídos. Unha medida que, din desde a presidencia de PSA, visa conseguir unha maior "competitividade" perante a adxudicación do 'proxecto K9'. Porén, para @s representantes [email protected] [email protected] "é un insulto". 

Ningunha das centrais sindicais con representanción no Comité de empresa (SIT-FSI, UGT, CC.OO, CIG e CUT) apoian a proposta da dirección. Tampouco o Sindicato Independente, cuxas posicións se atopan próximas a PSA. E é que o conxunto de medidas presentadas na xuntanza desenvolvida esta segunda feira (20 de outubro) supoñen un grande prexuízo para o cadro de persoal. 

PSA-Citroën propón reducións e conxelacións salariais, reducións dos complementos e das pagas extras

Desde a dirección de Citroën exixen unha redución salarial do 5% e a súa conxelación até o 2019. Redución á metade dos pagamentos extraordinarios e do 33% na prima de obxectivos. Así mesmo, propón a redución no 10% do complemento de antigüidade xunto coa súa conxelación. E redución á metade dos complementos de terceira quenda fixa, de nocturnidade, de lacas e por traballar sábados, domingos e feriados. 

"A dirección de PSA, cos seus salarios millonarios, exixen aos traballadores esta redución", sinala Domínguez (CIG) "cando a situación actual devén das decisións e estratexia que eles adoptaron", denuncia. Desde a central sindical nacionalista rexeitan mesmo valorar "unha a unha" as propostas de Citroën porque sería, din, "un insulto para os traballadores"

"A dirección de PSA, cos seus salarios millonarios, exixen aos traballadores esta redución mais a situación actual devén das decisións e estratexia que eles adoptaron",

 

Unha "barbaridade"
 

Pola súa banda, CC.OO asegura que o plan de axuste presentado "empobrece de maneira desproporcionada e inxusta a totalidade do cadro de persoal" e mesmo tilda de "barbaridade" unha medida que, salientan, "raia os límites da tolemia".

Desde a dirección de PSA-Citroën defenden a súa proposta asegurando que após os recortes, @s [email protected] da factoría de Balaídos quedarían "por riba da media industrial de Galiza". Mais, no concreto, o que visa este plan de axuste é equiparar os salarios e condicións laborais [email protected] [email protected] [email protected] ás doutras plantas como a de Marrocos, Eslovaquia ou Portugal en aras dunha "maior competitividade". 

"A avaricia desas persoas", apunta Manuel Domínguez, "sinala os traballadores para asumir os custes das súas estratexias" empresariais que levan a elixir a factoría na que se producirá a furgoneta K9 en función dunha marxe de beneficios maior. Iso si, "a conta do salario dos operarios". E todo no prazo dun mes, que é o tempo que dá PSA á factoría de Balaídos para poder concorrer á adxudicación da K9. 

A CUT fala de "chantaxes" e CC.OO asegura que o plan de axuste "raia os límites da loucura"

Desde a CUT falan de "chantaxes". Se ben, a central de [email protected] rexeitou tomar parte nas negociacións exixindo que for constituído o novo comité de empresa eleito a comezos deste mes. Algo que non se producirá até o 3 de novembro, segundo acordaron as propias centrais sindicais. 

As negociacións, que continuarán a vindeira quinta feira (23 de outubro), marcan un dos sectores máis conflitivos nos últimos anos. Para alén do "esforzo psíquico e físico" que, sinalan desde a CIG, aguantan @s [email protected] de Citroën "na liña de produción", tamén a industria auxiliar vive momentos difíciles marcados pola confrontación coa patronal. 

Directivos "millonarios" e operarios "escravos"
 

"Queren equiparar as condicións de traballo de Vigo ás de Eslovaquia, Portugal e Marrocos"

David Couñago é un dos representantes sindicais de Treves. O "exemplo" desta empresa é sinalado pola imprensa sistémica como pano de fondo das negociacións pois, após "14 días de loita", explica Couñago, --nos que lograron frear a produción en Balaídos-- conseguiron importantes logros, entre eles un incremento salarial do 15%. Ora ben, explica David "aínda así na industria auxiliar continuamos a cobrar menos que en PSA" polo que, di, a dirección da factoría podería pular por un maior recorte dos salarios. 

Couñago amósase certo de que a "convulsión" no sector devén dun intento patronal por "equiparar as condicións de traballo coas de Eslovaquia, Portugal e Marrocos", mais non así coas de Francia, subliña, onde a media por hora se sitúa en 30 euros para [email protected] a tempo completo. "Así nunca sairemos da crise", afirma.

"Un alto directivo de Citroën cobra máis que un médico", acrecenta, unha crítica que partillan tamén @s representantes sindicais en Balaídos onde lembrar "como marchou o último presidente, cun salario millonario e unha pensión vitalicia". Entrementres, denuncian, "queren traballadores case escravos". 

"Citroën quere traballadores case escravos"
comentarios