Citroën pon riba da mesa un ERE extintivo voluntario para até 400 empregos

A dirección tamén propón un ERTE que podería afectar outros 510 traballadores e outro suspensiovo rotatorio.

Citroen

De aquí e até 2018 a dirección da factoría de PSA Peugeot Citroën en Vigo propón tres expedientes: un ERE extintivo voluntario para até 400 empregos, un ERTE suspensivo que podería afectar até 510 traballadores e outro suspensivo rotatoio para persoal de estrutura. O ERE extintivo decorrería de abril de 2016 a marzo de 2018, podendo acollerse ao mesmo voluntariamente até 400 persoas, orientado prioritariamente a aqueles operarios veteranos (59 anos ou máis). Desde os sindicatos, porén, calculan que non hai máis de 180 traballadores dese grupo de idade. A dirección, según Europa Press, defende a medida dicindo que a mesma responde a unha demanda de saída do persoal de máis idade.

A respeito do ERTE suspensivo, este terá unha aplicación de dous anos, unha duración de 20 días (10 por ano) e as mesmas condicións que o actual, que vence o 31 de marzo. O siuspensivo rotatorio afectaría 158 traballadores, para o persoal mensual.

Estas medidas enmárcanse na aposta en optar a fabricar nesta pranta un novo modelo,s egundo EP, o que obrigará a adoptar tamén outro tipo de accións na “optimización da produción” e flexibilidade do centro.


 

As negociacións entre dirección e representantes dos traballadores (7 do SIT, 2 de UXT, 1 de CIG, 1 de CUT e 1 de CCOO) se manteñan nos vindeiros días. 

Comentarios