A CIG porá a derrogación da reforma laboral enriba da mesa do Ministerio de Traballo

A central nacionalista manterá esta segunda feira unha reunión con Yolanda Díaz en Madrid

Ministerio de Traballo (MT)
photo_camera Ministerio de Traballo (MT)

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz manterá esta segunda feira a partir das 19 horas unha reunión coa CIG para escoitar as demandas da central nacionalista galega. “Imos coa intención de que se leve adiante todo ese calendario de derrogación das reformas laborais e da reforma colectiva que tanto vimos reclamando, un clamor da clase traballadora galega”, asegura o secretario xeral da CIG Paulo Carril a Nós Diario horas antes do encontro.

Desde este sindicato manifestarán a súa “discrepancia” en como se están a facer as cousas. “Un exemplo é o do Salario Mínimo Interprofesional (SMI)”, sinala Carril. Asegura tamén que serán “exixentes” no calendario e a primeira medida que reivindicarán será “deixar sen efecto a reforma laboral e restabelecer os dereitos da clase traballadora”.

Segundo a CIG “até que non mude a lexislación laboral vemos como as posibilidades de ERE ou os peches de empresas seguen a estar en mans unilaterais destas últimas”.

Comentarios