CIG exixe un estatuto electrointensivo

A central sindical nacionalista CIG continuou esta pasada terza feira co calendario de mobilizacións para esixir a aprobación inmediata dunha tarifa eléctrica “estábel, predicíbel e competitiva que recoñeza o carácter específico das industrias electrointensivas”. 
Concentracion de CIG pola Tarifa Industria (CIG)
photo_camera Concentracion de CIG pola Tarifa Industria (CIG)

Delegadas e delegadas secundaron unha nova concentración diante a Delegación do Goberno na Galiza na que participaron representantes sindicais nas empresas electrointensivas. 

O secretario xeral de CIG, Paulo Carril, asegurou na concentración que a poxa proposta eque xa está en marcha é "un novo capítulo da incapacidade do Goberno español" que segue sen aprobar o estatuto do consumidor electrointensivo.

Desde o sindicato exixen un novo marco regulador da enerxía

Desde o sindicato exixen un novo marco regulador da enerxía que permita superar o que denominan “perverso” sistema de adxudicación da interrompibilidade co obxectivo de reverter a crise na que se están sumidas este tipo de industrias.

Carril advertiu das negativas consecuencias que pode carrexar esta poxa ao estar recortada á metade nos importes e na potencia a adxudicar. Por este motivo apuntou tamén á responsabilidade do PP na situación actual e criticou o discurso fácil que adopta Feixoo na Galiza "á hora de afrontar un proceso que se pode volver tráxico, atendendo a que o resultado da poxa pode servir de escusa ás empresas para precipitar medidas de axuste de persoal e recortes de produción".

Incerteza nas grandes factorías galegas

 

O secretario xeral de CIG puxo varios exemplos de empresas que agora mesmo están a pasar por casos de incerteza e que non teñen solución por falta dun estatuto de electrointensivas. “Alu Iberia mantén paralizadas as inversións comprometidas na planta da Coruña, incerteza absoluta no futuro do complexo de Alcoa San Cibrao e Ferroatlántica non retira os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) das fábricas”.

Proposta de novo estatuto para as electrointensivas

 

Paulo Carril asegurou que até que non haxa estatuto “as empresas non poden pretender afrontar esta situación con medidas lesivas, empeorando as condicións laborais ou ameazando á continuidade dos empregos”.

A proposta de tarifa industrial que propón o sindicato nacionalista estabelece que para acollerse a unha tarifa rebaixada, as empresas interesadas terán a obriga de facer inversións e melloras nos procesos produtivos para manter e ampliar o nivel de emprego directo e de mellorar as condicións laborais recollidas en convenio ademais de mellorar as condicións laborais recollidas en convenio.

Comentarios