CIG empraza UGT e CCOO a abrir o debate para a convocatoria inmediata dunha greve xeral

"É o momento dar unha resposta contundente”, considera o secretario xeral, Paulo Carril.

Folga Xeral

A CIG remitiu esta cuarta feira, día 19,  unha carta ás direccións de UGT e CCOO en Galiza e ás súas respectivas direccións estatais emprazando a ambas as dúas centrais sindicais a iniciar un debate “serio e sosegado” no que analizar un calendario de actuacións de cara á convocatoria inmediata dunha greve xeral.

Para a central nacionalista estamos no momento “de acumular forzas, intensificar a mobilización e dar unha resposta contundente que, ao igual que se fixo en 2012 coa convocatoria de dúas folgas xerais masivas, obrigue ao PP a retroceder nas súas posicións antisociais e antiobreiras”. A CIG xa iniciou un debate interno arredor da convocatoria da greve, no marco do cal realizáronse asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, como primeiro paso para trasladar o debate aos centros de traballo.

“Se queremos evitar o risco de vivir en peores condicións que as xeracións anteriores, a clase traballadora ten que afrontar o desafío de intensificar a mobilización”

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, apela os secretarios xerais de UGT e CCOO a abrir un debate no seo das súas respectivas organizacións, intensificar a mobilización social e camiñar cara a convocatoria dunha greve xeral "conscientes do que significa, pero no convencemento de que é a resposta necesaria ante ao intenso retroceso das condicións de vida que padece a clase traballadora".

Nesta última década, explica esta central, os diferentes gobernos do Estado e de Galiza intensificaron a aplicación “das políticas neoliberais”, o consolida unha situación social de “empobrecemento xeneralizado”.  "A caída dos salarios e a precarización constante e imparábel a través da proliferación de novas formas de explotación laboral, esixe dunha folga xeral que demostre a disposición de resistencia e de loita da clase traballadora pola recuperación dos nosos dereitos", subliña Paulo Carril.

“Se queremos evitar o risco de vivir en peores condicións que as xeracións anteriores, a clase traballadora ten que afrontar o desafío de intensificar a mobilizaciónl”, conclúe   xeral.

Comentarios