CIG denuncia a Xunta en Inspección de Traballo por se negar a facer as medicións de gas radón en San Caetano

O sindicato sinala que  a emisión deste gas é especialmente alta no en Galiza e na comarca de Compostela, onde están os servizos centrais nos que o persoal traballa de forma ordinaria.

photo_camera San Caetano

A CIG presentou unha denuncia perante Inspeción de Traballo e Seguridade Social da Coruña denunciando que a Xunta se nega a facer medicións do nivel de gas radón nos edificios centrais de administración, onde traballan miles de persoas. O sindicato sinala que hai numerosos estudos que relacionan o gas radón co cancro de pulmón e a emisión deste gas é “especialmente alta no noso país e na nosa comarca de Compostela. Resulta moi perigoso en sotos, semisotos, baixos e outras zonas pouco ventiladas”.


A CIG afirma que expuxo “en reiteradas ocasións” no respectivo comité de seguridade e saúde laboral  a queixa e inquietude do persoal público polos niveis de gas radón nos edificios administrativos da Xunta. Pediuse que se mediran os niveis de este gas, xa que Santiago é unha zona de alto risco pola morfoloxía do seu chan.  En concreto, na acta 2015/12 do referido comité falouse da IS-33 e a CIG achegou un informe técnico da Universidade de Santiago de Compostela, todo isto cun resultado para facer as correspondentes medicións.

“Tamén temos coñecemento de que no Consello Galego de Relacións Laborais, organismo que depende da Xunta de Galicia e ten as oficinas en Santiago de Compostela, fixose unha medición de gas Radon e tiveron que facer obras de mellora e de evacuación do gas, polos altísimos  niveis de concentración”. Con esta actitude, enfatiza o sindicato, a Xunta está incumprindo toda a normativa sobre esta materia.

Comentarios