CIG denuncia no xulgado a sinistralidade laboral nas obras do AVE en Galiza

Pide que se abran dilixencias de investigación contra os responsábeis das obras do AVE por posíbeis delitos contra a seguridade dos traballadores e de prevaricación administrativa

vilavella

A CIG presentou unha denuncia penal no xulgado de Instrución de Verín para pedir que se abran dilixencias de investigación contra os responsábeis das obras do AVE por posíbeis delitos contra a seguridade dos traballadores e de prevaricación administrativa perante a “concentración de accidentes”, algúns deles mortais.

O sindicato nacionalista repasa na denuncia accidentes e sinistros rexistrados nas obras do AVE que conecta a meseta con Galiza, con especial incidencia na provincia de Ourense. Así recolle diferentes accidentes que se saldaron coa vida de traballadores e outros sinistros de carácter grave.

Embora isto, indica, as diferentes administracións e organismos non actuaron para solventar esta situación, a pesar das denuncias perante Inspección de Traballo e na Subdelegación do goberno en Ourense.

Desde a central consideran que a "concentración de accidentes" laborais rexistrados especialmente no tramo que comprende A Gudiña e Vilar de Barrio, é "de tal magnitude que revela, non só un deficiente funcionamento dos servizos públicos, senón un desleixo absoluto" tanto no cumprimento das normas de seguridade laboral por parte das empresas adxudicatarias como por parte das administracións públicas.

Comentarios