CIG denuncia destrución de emprego nas auxiliares de Barreras

Algunhas empresas auxiliares abandonaron os encargos e mandaron ás persoas operarias ao paro.
Protesta dos traballadores e traballadoras de Hijos de J. Barreras ás portas do estaleiro (Foto: CIG).
photo_camera Protesta dos traballadores e traballadoras de Hijos de J. Barreras ás portas do estaleiro (Foto: CIG).

A Unión Local da CIG en Vigo vén de denunciar a situación que se está a vivir no estaleiro Barreras despois de que varias das firmas auxiliares que participan na construción do buque Evrima decidisen abandonar os traballos. 

As empresas tamén veñen de mandar o seu persoal ao paro ante a falla de pagamento por parte do estaleiro.

Na CIG cifran nunhas 300 as persoas traballadoras que se están a ver afectadas por esta situación.

"Nestes momentos viven na incerteza de non saber se van volver a traballar nesta compañía", recalcan.

Ao mesmo tempo, lembran que Barreras logrou superar hai uns meses a situación crítica que atravesaba grazas a un importante apoio económico desde o sector público.

"Por iso lle reclamamos á nova dirección do estaleiro seriedade na xestión e que non xogue co futuro de Barreras", apuntan.

Comentarios