CIG Correos insiste en que a empresa “prima o negocio á saúde”

O sindicato entende que as medidas de prevención tomadas “deberían de ter como primeira finalidade o protexer ás traballadoras”.

Vehículos de Correos diante da sede da empresa pública no centro da Coruña (Foto: Nós Diario).
photo_camera Vehículos de Correos diante da sede da empresa pública no centro da Coruña

O sindicato CIG Correos, logo da oitava reunión da Comisión Estatal de Saúde Laboral, constata que a empresa “segue na súa carreira sen freos cara a un desconfinamento total e absoluto sen importar se pon en perigo a saúde dos traballadores e traballadoras”.

Nunha compañía que a data de 18 de maio rexistraba un total de 97 casos positivos, 625 posíbeis, 3.015 en corentena e catro falecidos, ao longo desta semana comezarán a chamar ás traballadoras “sensíbeis” para que se reincorporen a partir do vindeiro 25 de maio, quedando só exentas as embarazadas.

Por iso, e por razóns como que o prego de oferta para mercar 50.000 pantallas faciais de protección quedou baleiro -e, polo tanto, non haberá protección dese tipo para as empregadas-, a CIG considera que “non se están garantindo nin respectando os seus dereitos” e móstrase en conta desa incorporación de persoal sensíbel, apuntando a que Correos “non fixo unha desescalada asimetrica” e primou “o negocio á saúde”.

Comentarios