CIG convoca un 1º de Maio para combater a pobreza e na demanda de emprego e salarios dignos

A central nacionalista realizará mobilizacións en diferentes cidades e localidade no Día internacional da clase traballadora para tirar a careta “á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben”.

Remate da manifestación da CIG o pasado 29 de marzo

‘Contra a pobreza, emprego e salarios dignos’ é o lema co que a CIG chama a este 1º de Maio, unha data na que a central nacionalista realizará manifestacións e mobilizacións en diferentes localidades de Galiza. “Fronte á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben, a realidade é que celebramos este 1º de Maio nunha situación de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega”, recoñece a Confederación Intersindical Galega.

Para a CIG, “a dura realidade que a día de hoxe padecemos as e os traballadores” reflíctese en dados: 195.300 postos de traballo destruídos desde o ano 2007; cifras históricas de desempregad@s con 275.800 persoas no paro; perda de poboación activa en idades entre 20 e 39 anos; perda de emprego fixo e a xornada completa, substituído por emprego temporal e a tempo parcial; redúcense os salarios e aplícase unha política fiscal que favorece ás rendas máis altas, o medre económico de Galiza é inferior á media do Estado; destrúese unha parte importante do noso tecido produtivo en sectores básicos como o agrogandeiro, pesqueiro, naval ou eólico....

Esta situación é consecuencia, para a central nacionalista, dunhas políticas económicas e laborais determinadas e “promovidas desde a Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional, executadas obedientemente no Estado español polo PP,”..

Comentarios