CIG convértese na primeira forza no sector das TIC após multiplicar por catro a súa representación

Du2WNSvXQAApUS4

CIG-TIC, sector no que se encadra o conxunto de traballadores e traballadoras do sector das Tecnoloxías da Información e Comunicación da CIG, medrou de xeito importante nestes anos até pasar ser a primeira forza nesta industria. Era en 2014 a terceira forza sindical en número de representantes, con pouco menos de 20 delegados, para ter agora, finais de 2018, máis de 80.

Este incremento débese, afirma o sindicato, ao modelo combativo da CIG, o traballo sindical diario de delegados e afiliados do sindicato e ao funcionamento asembleario.

A CIG-TIC salienta que a mobilización desenvolvida durante 4 anos a prol dun convenio TIC galego conseguiu abrir unha mesa de negociación entre as organización sindicais máis representativas e a patronal do sector, de xeito que xa se está a traballar con propostas concretas enriba da mesa para acadar un acordo que reflicta a verdadeira situación do sector na Galiza.

Comentarios