CIG considera que o Ingreso Mínimo Vital é un paso “insuficiente”

Considera que ten que  vai ligado a outros pasos “para favorecer emprego e salario dignos”.

Xente camiñando_Youtube

A CIG considera que a aprobación do Ingreso Mínimo Vital (Real Decreto-Lei 20/2020, que sae hoxe publicado no BOE) pode ser un  avance, pero entende que a súa posta en marcha resulta “insuficiente se non se liga con outras medidas que favorezan a creación de emprego estábel e de salarios xustos”.

O sindicato advirte ademais que haberá que “comprobar” como se compatibiliza desa medida “non se van poder beneficiar traballadores e traballadoras precarias que, malia ter emprego non teñen uns ingresos suficientes para vivir dignamente, ou as persoas xubiladas e pensionistas que sobreviven cunhas pensións ridículas”.

A este respecto, o secretario xeral, Paulo Carril, sinala que a CIG demanda dende hai anos a necesidade de instaurar un Salario de Inserción Laboral e Social, na contía do SMI, ao que poidan acceder as persoas maiores de 18 anos que non cobren ningún tipo de prestación económica. E parella a esta proposta, un incremento do SMI até o 60% dos salario medio (o que suporía situar o salario mínimo nos 1.200 euros), cumprindo así co establecido na Carta Social Europea.

"Desde a CIG emprazamos a todos os grupos parlamentarios  a que no tramite parlamentario deste Real Decreto-Lei 20/2020 que estabelece o Ingreso Mínimo Vital se tomen en consideración as nosas demandas e propostas, porque todas elas refírense a cambios lexislativos necesarios para avanzar nunha posibilidade real de emprego, salarios e pensións dignas e nunha auténtica superación da exclusión social e pobreza crecente", asevera Carril.

Comentarios