A CIG chama á greve xeral en plena ofensiva da central a prol dunhas pensións dignas

O chamamento fíxoo o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, na súa intervención na manifestación deste serán en Vigo.

18-03-15 ProtestaPensionistasVigo04
photo_camera Manifestación de Vigo

A mobilización máis concorrida das que organizou o colectivo de pensionistas da CIG esta quinta feira en 11 cidades e vilas do país decorreu en Vigo. Ao seu termo, o secretario xeral do sindicato nacionalista, Paulo Carril -que xa participara durante a mañá na concentración realizada na Coruña- chamou a convocar unha greve xeral cun claro propósito: obrigar o PP a "retroceder" nas súas políticas "anti-sociais e anti-obreiras".

18-03-15 ProtestaPensionistasVigo03Como o pasado 27 de febreiro, a CIG voltou a mostrar o seu músculo organizativo e despregou mobilizacións nas 7 cidades do país, ben como nas vilas de Lalín, As Pontes, Boiro, Cee e Burela. As estimacións da central é que nelas participaron "miles de persoas".

A noticia chegou en Vigo, co lanzamento da palabra de orde dunha greve xeral por parte de Carril. Unha mobilización de amplo espectro é a mellor vía, a xuízo da CIG, para "demostrar a nosa disposición de resistencia, de loita pola recuperación dos nosos dereitos e como a mellor defensa ante o deterioro das pensións e ante a próxima reformas das pensións que están a preparar no chamado Pacto de Toledo".

18-03-15 ProtestaPensionistasVigo07

Unha greve xeral exitosa podería forzar o goberno do PP a derrogar as súas políticas anti-sociais, isto é, a deixar sen efeito as reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións. No seu discurso, Carril tamén criticou os que cualificou como "teóricos partidos da esquerda", dos que dixo que agora "corren a convocar manifestacións e protestas, pero son incapaces de anular as reformas e as políticas do PP e de Rajoy", embora a formación conservadora estar en minoría no Congreso.


 

Comentarios