PSdG e PP de Vigo entregan á patronal do naval a medalla da cidade

O BNG opúxose e pediu o galardón para @s traballador@s por ser "quen están a loitar pola sobrevivenza do sector". A CIG cualifica o acordo de "indecente e ofensivo" coa clase traballadora.

yolanda
photo_camera Iolanda Veloso, voceira do BNG de Vigo

O Concello de Vigo concedeu a medalla de ouro da cidade ao empresariado do naval. O máximo distintivo do municipio gobernado en minoría por Abel Caballero (PSdeG-PSOE), outorgarase por vez primeira  sen unanimidade ao contar co voto en contra do BNG. A fronte nacionalista rexeitou que a patronal fose obsequiada co galardón e propuxo entregarllo aos e ás traballador@s, opción que non foi aceptada nin polo PSOE nin polo PP. 

Tanto o BNG vigués como a Unión Comarcal da CIG de Vigo cadraron, en sendos comunicados, na pertinencia de lle conceder a medalla da cidade @s traballador@s do naval pois, sinalan, "son quen segue a loitar pola supervivencia do sector". Así mesmo, a central sindical nacionalista asegurou que o acordo acadado por PP e PSOE --que tildan de "consenso indignante"-- supón unha "manipulación" e "distorsión" do que está a acontecer na bisbarra desde hai anos, ao "proxectar a imaxe falsa de que o sector está en fase de recuperación".

Ao fechamento de numerosas empresas e a aplicación de Expedientes de Regulación de Emprego nos cadros de persoal das que se manteñen abertas, hai que sumar a falta de carga de traballo dos estaleiros que os mantén apenas sen actividade. Neste senso, para a CIG-Vigo concedérenlle a medalla da cidade á patronal do sector naval é "indecente" e "ofensivo" para @s traballador@s que visa, sinalan, "encubrir as responsabilidades políticas, por acción ou omisión" tanto do PSOE como do PP no esmorecemento da construción naval na cidade olívica. 

Comentarios