Chaman a unha 'manifestación anticapitalista' en Compostela para o 1ª de Maio

A mobilización é impulsada por persoas de diferentes ámbitos e colectivos baixo o lema “contra a Europa criminal do racismo e da desigualdade”

Manifestación do Naval

Un grupo de persoas procedentes de diferentes entidades e colectivos sociais e sindicais chaman a unha “manifestación unitaria anticapitalista” este Primeiro de Maio en Compostela, a partir das 19:00 horas e con saída desde a Porta do Camiño. Unha mobilización “sen siglas na convocatoria” e que califican como “unha mobilización das persoas que xa estamos fartas de vernos derrotadas, impotentes, das que decidimos que hai que retomar as rúas ata tumbar este sistema da inxustiza e a barbarie”.

“Unha mobilización na que as únicas protagonistas sexa a unión de todas as voces nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o Capital”.

Comentarios