Centos de persoas exixen o indulto para Carlos e Serafín en Vigo

Desde as centrais sindicais convocantes (CIG, CC.OO e UGT) instan a xustiza a rematar "con esta incertidume" e ao Goberno español a conceder a medida de graza aos dous traballadores. 

carlos serafín
photo_camera [Imexes: GalizaContrainfo]

Vigo volveu saír ás rúas no serán desta quinta feira para reclamar o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez. Os dous traballadores foron condenados a 3 anos de prisión por tomaren parte nun piquete informativo con motivo da folga do sector do transporte en 2008.

Acusados dun delito contra os dereitos dos traballadores os operarios solicitaron á xustiza un indulto e evitar así a entrada na cadea, porén nas últimas semanas a Fiscalia presentou un recurso que podería facer ao Xulgado do Penal número 1 desestimar a solicitude desta medida de graza que concede o Consello de Ministr@s. 

"Represión contra a mobilización social"

Na mobilización da que tomaron parte centos de persoas berros de "Non pode ser, non pode ser obreiros na cadea e corruptos no poder", as organizacións sindicais denunciaron a "crecente e violenta represión contra a resposta e a mobilización social". Un feito, din, do que serve de exemplo a propia sentenza condenatoria contra Carlos Rivas e Serafín Rogríguez. 

Aliás, denuncian que o Ministerio Fiscal coa súa actitude "ás ordes do poder executivo incorre nun ensañamento inxustificado" por presentar o recurso e tentar revogar a pralización da sentenza. Un feito que confronta, salientan, "coa solidariedade" amosada ao longo deste tempo nas rúas de Vigo onde múltiples actos "evitaron a entrada" na cadea destes dous traballadores aos que o cumprimento dunha condea que coidan "inxusta" podería truncarlles as súas vidas. 

Comentarios