Centos de bombeiros marchan polo resgate do servizo

Denuncian a "inxustiza" e "inseguridade" da xestión indirecta dos parques. 

Bombeiros
photo_camera Bombeiros

Perto dun milleiro de bombeiros de toda Galiza, Castela e León, Murcia e Andalucía percorreron esta sexta feira (15 de maio) as rúas de Compostela para defender o mantemento do servizo público e para rexeitaren a aplicación dunha xestión indirecta dos parques. 

A mobilización partiu de San Lázaro e rematou na Praza do Obradoiro. 

Baixo o lema 'Resgátanos', os traballadores denunciaron a "inxustiza" e a "inseguridade" que carrexa esta nova situación, segundo sinalou o voceiro da Mesa intersindical, José Luís Pareja. 

Durante a marcha, concentráronse ás portas da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior onde rexistraron as súas reivindicacións, a comezar por unha regulación conxunta dos servizos de emerxencias que garanta a boa xestión do servizo e dun protocolo para os bombeiros. 

Comentarios