Celadores do Álvaro Cunqueiro inciarán un encerramento contra a privatización do servizo

Trátase da primeira medida contra a privatización dos seus postos de traballo que a empresa concesionaria do novo hospital destina a persoal contratado por unha ETT.

Celadores_VigoÉ
photo_camera [Imaxe VigoÉ]

Segundo recolle o portal de información VigoÉ @s celadores da área sanitaria de Vigo iniciarán un encerramento que "nun comezo durará até o 13 de outubro" momento no que se terá lugar un paro indefinido. 

Fano para defender os seus postos de traballo e as funcións que viñan desenvolvendo como persoal do Chuvi mais que foron das que foron relegad@s, de acordo coa comunicación interna que lles foi remitida. Neste senso, o Sergas comunicoulles através da EOXI que a partir de agora "só se encargarán do traslado de doentes, o resto será levado a cabo polo servizo de transporte" através de persoal contratado por unha Empresa de Traballo Temporal (ETT), denuncian. 

Coñecid@s como Tigas (Transporte Interno e Xestión Auxiliar) estas persoas son traballadoras e traballadores dependentes da empresa concesionaria do servizo público sanitario vigués e responsábeis da "recollida e entrega de: mostras biolóxicas, petición de probas, correo interno, envases de hemoderivados baleiros e banco de sangue co informe de hemovixilancia, medicación de farmacia de envío puntual ordinario ou urxente, carros de medicacións e cambio de maletíns entre carros, citostáticos, material procedente e con destino en esterilización e documentación para destrución", explican na comunicación interna recollida por VigoÉ

O conxunto de celadores denuncia que existen 1.500 persoas en listaxe de contratación "e eles colocan a xente através dunha ETT". "Hai xente facendo papeleo e paquetes porque non ten nada que facer, isto é un sen sentido", afirman. 

Para alén do encerramento, as centrais sindicais presentaron unha demanda xudicial que se suma á rexistrada a título individual pol@s propi@s traballador@s coas que tentarán frear a privatización do servizo. 

Comentarios