CCOO descólgase da greve na administración de xustiza

Acorda coa súa afiliación  a reincorporación á actividade.

acampada xustiza

Comisións Obreiras (CCOO) informa a través dun comunicado que dá por rematada unha etapa no conflito da xustiza e que acordou coa súa afiliación a reincorporación ao traballo,  confirmando que deixa de formar parte do comité de greve. Así o anunciaron na mañá desta sexta feira o secretario xeral de CCOO de Galiza, Ramón Sarmiento, o secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía (FSC-CCOO), José Manuel Ramos e Tino Novoa máis Raquel Estévez, representantes do sindicato no sector.

A partir de agora, indica o sindicato, os esforzos de CCOO estarán centrados en recompor a unidade dos traballadores e das traballadoras  “e iso só se conseguirá coa volta ao traballo diario”, apuntou Ramón Sarmiento. O sindicato avoga por reconducir a situación nunha mesa de negociación.

Para CCOO, a greve “conseguiu o seu obxectivo”, que era mellorar de xeito «substancial» as condicións de traballo do persoal da administración de Xustiza de Galiza.

Comisións propón que, “tan pronto se peche o conflito na vertente laboral”, se constitúa unha mesa de concertación co conxunto de axentes sociais para levar a cabo un pacto pola Xustiza en Galiza

Comentarios