CCOO acusa El Corte Inglés de “poñer en perigo” a saúde do seu persoal

Critica a decisión de aumentar o horario e días de apertura.

Edificio do Corte Inglés en Compostela (ECI).
photo_camera Edificio do Corte Inglés en Compostela (ECI).

CCOO considera que a decisión de El Corte Inglés de abrir en domingo “pon en perigo” a saúde do seu persoal. “Nestes momentos prevalece o seu afán de usar esta epidemia para facer caixa e incrementar os seus beneficios”, indican desde a Federación de servizos de CCOO-Galiza.

O sindicato afirma que as indicacións das autoridades sanitarias recomendan diminuir a presenza de persoal nos centros de traballo mais El Corte Inglés decidiu “expor durante máis tempo ao virus, tanto os seus traballadores e traballadoras como os seus clientes”.

CCOO fala de “irresponsabilidade” e denuncia que a mesma conta co “visto e prace e aval da Xunta”.

Comentarios