CCOO di que non houbo violencia na protesta de Alcoa en Madrid, senón “ineptitude” da Policía

Agustín Martín, secretario estatal de Industria do sindicato, advirte que os dous traballadores e os dous sindicalistas, que xunto ás deputadas de Unidas Podemos prestarán declaración na Coruña esta terza feira, “foron vítimas dunha carga policial”.
[Imaxe CC.OO.] Rolda de prensa esta segunda feira en Madrid
photo_camera [Imaxe CC.OO.] Rolda de prensa esta segunda feira en Madrid.

O sindicato CCOO saíu esta segunda feira na defensa dos dous traballadores de Alcoa chamados a declarar polo xuíz en relación aos incidentes que se produciron durante unha manifestación das traballadoras e traballadores da planta coruñesa en Madrid o pasado mes de marzo.

O secretario da federación estatal de CCOO de Industria, Agustín Martín, acompañado polo secretario xeral del sindicato, Unai Sordo, afirmou en rolda de prensa que non houbo “violencia” por parte dos traballadores e tampouco por parte das deputadas de Unidas Podemos que acudiron a apoialos –Yolanda Díaz, Ánxela Rodríguez e Antón Gómez-Reino tamén foron imputadas por “atentado contra a autoridade” –, e dixo que os incidentes producíronse pola "ineptitude" do dispositivo policial.

"Foi unha mobilización laboral e denunciamos os fallos do dispositivo policial dese día", insistiu Martín, advertindo que “hai una liña de actuación que trata de criminalizar ás mobilizacións laborais”.

CCOO solicita o arquivo da causa. Mentres Sordo indicou que seguirán esixindo a derrogación da 'Lei mordaza'.
 

Comentarios