Catro de cada dez persoas no paro en Galiza levan máis de dous anos nesa situación

Perto de 95.000 galegos e galegas están en desemprego de longa duración –máis de 12 meses no paro-.

paro

Unha de cada dúas persoas que está no desemprego en Galiza cadra no que se denomina “paro de longa duración”, é dicir, leva más de 12 meses sen atopar traballo. O 51% das e dos parados galegos son de longa duración, unha taxa por riba da media europea. Nesta situación están 94.600 das 182.100 persoas que figuran como en desemprego na Enquisa de Poboación Activa do cuarto trimestre de 2017.

A comezos da crise a taxa de paro de longa duración non chegaba a 3,5%. Comezamos 2018 cunha taxa do 7%, tres puntos e medio máis. Porén, este rexistro é o mellor desde finais de 2011.

O paro de longa duración enquístase e ofrece sinais para a preocupación. Como que unha de cada catro persoas nesta situación teña menos de 35 anos, o que indica a grave problemática que temos en canto a emprego xuvenil. 20% desas 94.600 persoas que están no paro de longa duración ten entre 16 e 34 anos de idade. Fronte ao que se poida pensar, este paro tamén bate a aquelas persoas con estudos superiores. Case 20% dos parados de longa duración teñen estudos superiores.

Reformas laborais

O paro de longa duración é máis unha marca do desemprego en Galiza. Ä par deste enquistamento do desemprego de longa duración vai a consolidación da figuura do traballador pobre. Xornadas parciais, contratos de escasa duración e sectores con salarios medios moi baixos levou a que se reduciran os ingresos da clase traballadora de forma importante. Hai un 30% de poboación cuxos ingresos non chegan ao SMI.  Fran Cartelle, secretario confederal de Enprego da CIG, ten manifestado que estamos a pagar as das reformas laborais impostas de 2010 e 2012. “Esta é a precariedade que provocaron as reformas laborais do PP que, como se ve cada vez con máis claridade, buscaba impornos un modelo no que se pretende competir rebaixando os custos de produción pola vía de reducir salarios, suprimir dereitos e empeorar as condicións laborais, sociais e de vida do conxunto da clase traballadora”, concluíu.

Comentarios