Estas son as carreiras universitarias con máis 'saída' profesional na Galiza

O 7 de xuño principia a selectividade no país.
Estudantes nunha universidade madrileña o pasado mes de setembro. (Foto: Óscar Cañas / Europa Press) #universidade #pandemia #covid19 #estudantes #aula
photo_camera Menos de 5% das ofertas de todo o Estado español que buscan persoas con titulación universitaria son na Galiza. (Foto: Óscar Cañas / Europa Press)

Medicina —e biomedicina— é a titulación con máis saída profesional na Galiza, xa que 19,54% das ofertas de emprego que requiren estudos universitarios fan referencia a ela, segundo o informe Infoempleo Adecco 2021: Oferta e demanda de emprego en España.

A segunda posición ocúpaa Enfermaría que, aínda que perde o liderado polo imparábel crecemento de Medicina, segue a ser unha titulación moi demandada. O seu peso específico ascende a 17% das ofertas.

Ao terceiro lugar sobe, após avanzar nove postos, o dobre grao en Administración de empresas e Dereito —6,12% das ofertas—.

Na comparativa deste 'top 3' coas titulacións máis demandadas a nivel estatal, obsérvase que no conxunto do Estado español as carreiras con maior empregabilidade son tamén Medicina, co 13,41% das ofertas, e Enfermaría (12,42%), pero en terceira posición está ADE (5,36%).

Porén, tras anos liderando esta clasificación, ADE cae na Galiza ao cuarto posto (4,3% das ofertas).

A Galiza ocupa o oitavo lugar entre territorios do Estado con maior ofertas de emprego que buscan titulados universitarios, con 4,8% do total a nivel estatal.

A selectividade galega, a vindeira semana

Cómpre lembrar que a vindeira terza feira, día 7 de xuño, e até a quinta feira, decorrerán na Galiza os exames da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (Abau) nos diferentes campus das tres universidades do país.

Comentarios