Unha caravana de 16 quilómetros contra o feche de Alcoa: "Non imos deixar de pelexar"

Persoal de Alcoa San Cribao e mais das empresas auxiliares da compañía percorreron a comarca da Mariña nunha caravana de vehículos que logo se desprazou a Lugo. O presidente do comité agradeceu o apoio da veciñanza: "Foi impresionante".
Caravana do persoal de Alcoa e das empresas auxiliares o 28 de xuño (Imaxe: Carlos Castro-Europa Press)
photo_camera Caravana do persoal de Alcoa e das empresas auxiliares o 28 de xuño (Imaxe: Carlos Castro-Europa Press)

Até 16 quilómetros chegou a medir a caravana de vehículos que percorreu varias localidades da comarca da Mariña e que se desprazou este domingo até Lugo para reclamar solucións que eviten o feche da planta de Alcoa.

Traballadores da empresa, que enfronta un Expediente de Regulación de Emprego en período de negociación que ameaza até 543 postos de traballo, foron apoiadas pola veciñanza da comarca. O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, asegurou que a participación “foi impresionante”.

Caravana do persoal de Alcoa e das empresas auxiliares o 28 de xuño (Imaxe: Carlos Castro-Europa Press).

Os participantes da caravana procuraron conducir a modo e agrupados, sinalou Zan, salientando que cando os primeiros coches remataron de rodear a muralla de Lugo aínda entraban vehículos na cidade. Segundo trasladou a Dirección Xeral de Tráfico a caravana abrangueu até 16 quilómetros.

Os apoios recibidos hoxe fan que o persoal teña “máis ánimos que nunca”. “Non imos deixar de pelexar”, afirmou José Antonio Zan. O vindeiro 1 de xullo, cuarta feira, os traballadores convocaron unha folga que contará coa participación do comercio local, mentres que en Compostela terá lugar unha concentración.

Caravana do persoal de Alcoa e das empresas auxiliares o 28 de xuño (Imaxe: Carlos Castro-Europa Press).

O presidente do comité de empresa valorou que as medidas do Goberno estatal para favorecer contratos de compra e venda de electricidade a longo prazo, para os que na pasada sexta feira o Consello de Ministras aprobou crear un fondo de reserva de garantía para entidades electrointensivas, non resolven os problemas da planta de aluminio.

Caravana do persoal de Alcoa e das empresas auxiliares o 28 de xuño (Imaxe: Carlos Castro-Europa Press).

Comentarios