Calendario laboral Galiza 2020: estes son os días festivos

Calendario Laboral Galiza 2020: consulta os festivos galegos e as pontes neste novo ano
Calendario Laboral Galiza 2020
photo_camera Calendario Laboral Galiza 2020

Consulta o calendario laboral da Galiza 2020: un total de 14 festivos a nivel de Estado e tres pontes ao longo deste novo ano.

calendario laboral da Galiza para o ano 2020 contará con 14 días festivos, entre os que se inclúen San Xosé, San Xoán e 25 de xullo.

A eles hai que sumar o Xoves Santo, data escollida polo Goberno galego, que se suma aos oito festivos de designación estatal e os dous que establece cada concello.

Tres pontes na Galiza para planificar con familia e amigos

Así, os traballadores e traballadoras galegas gozarán de polo menos tres pontes neste ano 2020. Os días: 4 e 6 de xaneiro; 1, 2 e 3 de maio e 10, 11 e 12 de outubro.

Xa nos podemos ir planificando para facer o noso labor de enxeñería particular que supón conciliar vacacións escolares e laborais.

Festivos estatais 2020 na Galiza 

Os oito festivos que serán comúns para todo o Estado en 2020 son: 1 de xaneiro (Aninovo), 6 de xaneiro (Epifanía do Señor), venres 10 de abril (Venres Santo), a sexta 1 de maio (Día Internacional do Traballo), o sábado 15 de agosto (Asunción da Virxe), a segunda 12 de outubro (Festa de España), a martes 8 de decembro (Inmaculada Concepción) e a venres 25 de decembro (Natividade do Señor).

En Semana Santa, a xoves 9 de abril será festivo en todas as comunidades autónomas, agás Catalunya e Valencia. Ao ser festivo común a todo o territorio estatal o Venres Santo (10 de abril), os traballadores e traballadoras da maior partedos territorios poderán gozar de catro días de descanso ou de tres no caso das zonas antes mencionadas.

Pola súa banda, a xoves 19 de marzo (San Xosé) si será día festivo na Galiza, ademáis de en Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Murcia, Navarra e País Vasco. Así mesmo, o sábado 25 de xullo será festivo só na Galiza e País Vasco.

Cómo cadrar o calendario laboral na Galiza?

Cada vez que sae o calendario laboral estudámolo con atención tentando ver como cadrar esas vacacións e esas pontes que seguramente os nosos fillos e fillas gozarán, o calendario de festivos na Galiza para o 2020 queda así:

  • 1 de xaneiro (mércores) Festivo estatal
  • 6 de xaneiro (luns) Festivo estatal
  • 19 de marzo (xoves) Día do Pai
  • 9 de abril (Xoves Santo) Festivo estatal substituíbel
  • 10 de abril (Venres Santo) Festivo estatal
  • 1 de maio (venres) Día do traballo. Festivo estatal
  • 24 de xuño (mércores) San Xoan. Festivo galego
  • 25 de xullo (sábado) Día da Patria Galega. Festivo galego
  • 15 de agosto (sábado) Asunción da Virxe. Festivo estatal
  • 12 de outubro (luns) Festa de España. Festivo estatal
  • 8 de decembro (martes) Día da Constitución. Festivo estatal
  • 25 de decembro (venres) Nadal. Festivo estatal

Que festivos 2020 corresponden a Galiza?

Os festivos galegos 2020 para Galiza serán os seguintes:

  • 19 de marzo, xoves
  • 9 de abril, xoves Santo, non é festivo en todas as comunidades
  • 24 de xuño, mércores, San Xoan
  • 25 de xullo, sábado, Día da Patria Galega

A maiores, cabe destacar que cada concello escolle os seus dous días locais.

Comentarios