A Galiza que deixan as reformas laborais

Non se pode entender o mercado laboral galego actual sen ter en conta as reformas laborais de 2010 e 2012. Abriron as portas a, entre outras consecuencias, estender a precariedade laboral, desvalorizar os salarios e empobrecer a clase traballadora.

foto_laboral

2As reformas laborais de 2010 (PSOE) e PP (2012) explican en grande medida o mercado laboral que Galiza ten hoxe. Ou sexa, que explican a situación que padece a poboación asalariada galega, que son, non esquezamos, case 713.000 persoas.

As reformas estenderon a través da desvalorización salarial e perda de dereitos laborais a precariedade no traballo, afondaron na fenda social, incrementaron a pobreza e a desigualdade e situaron no disparadoiro da emigración miles de persoas mozas no noso país.

Un diagnóstico que partillan sindicatos e organizacións sociais. Así, por exemplo, os empregos temporais pasaron a ser norma en todos os sectores, mesmo no sector público: desde 2012 reducíronse en 20.000 as persoas asalariadas con contrato indefinido e aumentaron en 36.000 as que teñen contrato temporal.

Argumentos falsos

O sindicato CIG vén de publicar un completo informe, Mercado laboral galego 2017, no que se analiza polo miúdo a situación xerada polas reformas laborais. “Houbo nestes anos un deterioro das condicións laborais, agravado fortemente desde 2012”, afirmaba Natividade López, do Gabinete Económico do sindicato nacionalista, en referencia ao ano en que o PP aprobou a reforma laboral.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 289 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios