Sete de cada dez traballadoras no agro carecen de ingresos propios e alta na Seguridade Social

A Fedemur lembra que o 67% das mulleres que traballan en explotacións agrarias non son titulares.

O 67% das mulleres que traballan en explotacións agrarias non son titulares, co que mesmo que traballen toda a vida nelas, “nunca terán beneficios”. Denúnciao a Fademur, Federación de asociacións de mulleres rurais. A súa presidenta, Rosa Arcos, lembrou estes días que que os rendementos desas explotacións están vencellados unicamente ao titular da explotación, polo que estas mulleres simplemente “non computan”. Unha denuncia que fixo canda representantes do PsdeG nunha comparecencia.

Arcos atribúe grande responsabilidade en que actualmente exista esa situación á paralización da Lei de Titularidade Compartida, que logo de cinco anos en vigor “non chegou a cumprir a máis mínima expectativa”. Foi presentada como un grande avanzo no seu momento mais até o momento “apenas 13 mulleres galegas accederon á Lei,”, o que demostra o “abandono, desinterese e desleixo da administración á hora de poñela en marcha”. Arcos aposta en normalizar a situación de milleiros de mulleres que traballan no rural galego, onde “máis da metade das mulleres que traballan no rural teñen menos de 50 anos”, co que poderían estar amparadas a esta norma.

Comentarios