Os bateeiros recollerán a mexilla coa proposta da Consellaría do Mar

Aseguran que non están de acordo co documento mais comprométense a seguilo.
Xuntanza das confrarías e bateeiros coa mediación da Xunta (Consellaría do Mar)
photo_camera Xuntanza das confrarías e bateeiros coa mediación da Xunta (Consellaría do Mar)

As Asociacións integrantes da Comisión do Mexillón aseguran nun comunicado que acatarán "malia non estar de acordo" a proposta da Consellaría do Mar no conflito pola recollida da mexilla. Aseguran que rexeitan "de pleno o uso da violencia para impedir a recollida de mexilla o que os bateeiros teñen dereito por lei" e sinalan o seu "malestar ante a impasibilidade das forzas da orde para que poidamos exercer o noso labor".

Rexeitan a acusación "de dano os bancos de percebe" e aseguran que exercerán "as accións legais pertinentes contra persoas físicas ou xurídicas que prexudiquen a realización do noso traballo". Por último aseguran que defenderán "o noso dereito a recollida de mexilla, inherente a nosa concesión administrativa".

Comentarios