Axentes forestais e ambientais continúan co paro indefinido e critican a ausencia de propostas da Xunta

axentes forestais ambientais

Os axentes forestais e medioambientais continúan co paro indefinido, agás o persoal de Conservación da Natureza. O comité greve abandonou a mesa de negociación ante o que considera que é falta de propostas da Xunta.

“A administración non presenta ningunha nova proposta, e non aceptou ningunha das alegacións presentadas polas organizacións sindicais”, indican CIG e UXT nun comunicado. Critican que durante o encontro coa representación do persoal os responsábeis da administración non presentaron ningunha proposta nova, “cando a semana pasada xa dixemos que a anterior era insuficiente”, e limitáronse a solicitar as achegas dos traballadores.

Os traballadores analizaron en asemblea o sucedido, apostando en continuar coa  greve indefinida iniciada o pasado día 1, agás o persoal do Servizo de Conservación da Natureza, adscritos á Consellaría de Medio Ambiente (150 do total de 550 axentes forestais e ambientais que traballan nas Consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente), que adiou a greve e que estudará en asembleas simultáneas en todos os distritos o xeito de materializala sen poñer en risco a súa seguridade. Non hai que esquecer que os servizos do 20% decretados neste servizo supoñen unha única persoa por zona ao día, cando se trata dos único servizo no que se traballa en parella.

Comentarios