Delegado da CIG na empresa de Ponteareas

Autocares Ojeda terá de readmitir un traballador despedido, víctima de represión sindical

Así o determinou a sala social número 4 dos Xulgados de Vigo. Na sentenza, segundo comunica a CIG, considérase probada a represión sindical. O despedimento sería consecuencia directa, di a resolución xudicial, do feito de o traballador ter "demandado a empresa" e terse apresentado "nas eleccións sindicais pola CIG".

ojea
photo_camera Un momento das mobilizacións de apoio ao traballador represaliado

A sentenza declara nulo o despedimento e obriga Autocares Ojea a readmitir o traballador, con 18 anos de antigüidade e cunha "relación laboral impecábel" coa empresa, segundo salienta a CIG na súa comunicación aos meios.

O despedimento estivo precedido dunha "campaña previa de acoso laboral" que atinxira tamén un compañeiro do despedido, como este tamén candidato pola CIG nunhas eleccións sindicais. 

A sentenza chega tamén após unha intensa campaña de mobilizacións en defensa do traballador represaliado. A CIG celebra o "fallo xudicial favorábel" e insta a clase traballadora a non se "deixar amedrontar polas actitudes represivas da patronal, organizándose e mobilizándose nos centros de traballo para erradicar vulneracións flagrantes dos dereitos como a padecida en Autocares Ojea".

Comentarios