ATA denuncia a desaparición de 17.000 autónomas desde 2009

Galiza é o segundo territorio con máis perda de traballadoras autónomas.
Feche de comercios. (Xoán Roberes)
photo_camera Feche de comercios. (Xoán Roberes)

Galiza é, por detrás de Castela e León, o territorio que máis autónomas perde na última década, 16.784 entre novembro de 2009 e o de 2019.

Segundo o presidente da Asociación de Traballadores por Conta Propia da Galiza, Rafael Granados, “as cifras evidencian que as que máis sofren o despoboamento son as que máis autónomas perden”, un feito que Galiza “non se pode permitir” pola importancia que teñen, xa que son as que "vertebran o territorio e lle dan sentido ao medio rural", indicou.

O dato da Galiza contrasta co do conxunto do Estado, que no mesmo período analizado suma 104.851 novas autónomas, acadando as 3.270.358, segundo un informe realizado pola Federación Nacional de Asociaciones de Trabajadores Autónomos (ATA), a partir dos últimos datos facilitados pola Seguridade Social.

Comentarios