Apoio de Compostela, Teo e Ames á condutora de bus que sofre acoso laboral desde 2009

Esta quinta feira decorrerá na estación de Compostela unha concentración de apoio a Nélida Pisco.

nélida pisco condutora CIG

Os concelleiros responsábeis da área que xestiona o transporte metropolitano de Compostela, Jorge Duarte; Ames, José Blas García e Teo, Concepción García, manifestaron unha xuntanza convocada pola CIG o apoio dos respectivos gobernos municipais á condutora de Autobuses de Calo, Nélida Pisco, que leva desde 2009 a sufrindo ‘acoso laboral’, segundo o sindicato nacionalista.

Estes tres concellos son nos que Hedegasa S.L. (Autobuses de Calo) conta coa concesión administrativa para realizar o transporte metropolitano e escolar. Nos tres levaranse mocións aos próximos plenos para mostrar o apoio á traballadora e para instar á Xunta a facer cumprir as medidas laborais que recolle o Plan de Modernización do transporte de Viaxeiros e que rexe as concesións destas liñas.

Inácio Pavón, responsábel do sector de transportes na CIG de Compostela lembra que nese Plan recóllese explicitamente un “plan de fomento de emprego feminino que a empresa incumpre porque desde que se prorrogou a concesión despediu dúas das tres traballadoras que tiña e Nélida Pisco está padecendo unha situación de acoso laboral acreditada por pretender acollerse a unha redución de xornada, un dereito contemplado na lexislación vixente”.

A CIG ten convocada para esta quinta feira unha concentración diante da estación de Autobuses en solidariedade e apoio a Nélida Pisco.

Comentarios